| Language | Galician |
| Year | 2003 |
| Translator | Gonzalo |
| Verse 1 | Non tiña entón a terra máis ca unha soa linguaxe, e uns mesmos vocábulos. |
| Verse 2 | Mais partindo de oriente estes pobos, atoparon unha veiga na terra de Senaar, onde se asentaron. |
| Verse 3 | E dixeron os uns aos outros: Vinde, fagamos tixolos e cozámolos ó lume. E servíronse de tixolos no canto de pedras e de betún no canto de argamasa. |
| Verse 4 | E dixeron: imos edificar unha cidade e unha torre da que a cima chegue ata o ceo, e fagamos célebre o noso nome antes de nos esparcir por toda a aterra. |
| Verse 5 | E baixou o Señor a ver a cidade e maila torre, que edificaban os fillos de Adán. |
| Verse 6 | E dixo: Hei aquí, que o pobo é un só e todos teñen a mesma linguaxe e comezaron esta fábrica, nin desistirán das súas ideas ata levalas a cabo. |
| Verse 7 | Descendamos pois e confundamos alí mesmo a súa lingua, de tal modo que o un non entenda a fala do outro. |
| Verse 8 | E de esta maneira esparceunos o Señor dende aquel lugar por tódalas terras e deixaron de edificar a cidade. |
| Verse 9 | De onde se lle deu a esta o nome de Babel ou Confusión, porque alí foi confundida a linguaxe de toda a terra e dende alí esparceunos o Señor por todas as rexións. |
| Submitted By | Gonzalo |
| Date Submitted | Friday, September 26, 2003 |
| Updated By | Antón |
| Date Edited | Tuesday, November 02, 2004 |
| Date To Headline | Friday, November 05, 2004 |